Investigan un incendio que queimou un misal, o altar e teas da capela de San Vicente do Mar
Por Natalia Puga
Un incendio cuxa orixe aínda ten que ser aclarado, pero presuntamente provocado, queimou este martes parte do interior da capela de San Vicente do Mar, no Grove. A estrutura non resultou afectada, pero si algúns dos elementos situados dentro, tales como varias teas, o pedestal, o altar e un libro litúrxico.
A Garda Civil trasladouse ao longo da mañá deste martes ata a capela e abriuse unha investigación para aclarar as circunstancias do incendio. O sucedido descubriuse porque saía fume do interior do templo, pero non chegaron a verse lapas nin foi necesaria a extinción de ningún lume.
O incidente deixou o seu rastro tanto dentro coma fóra da capela. No exterior había restos dun botellón e no interior apareceu unha botella. Ademais, un dos cristais da porta de acceso estaba roto e había danos nas celosías, presuntamente provocados para pode entrar ao edificio.
No interior resultaron afectadas todas as teas existentes na capela e un misal romano situado no altar, que quedou parcialmente calcinado.