La Cucharita, vencedor do concurso Caldelas Tapas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas fixo público o fallo do xurado do concurso Caldelas Tapas, celebrado durante os venres do pasado mes de xullo.
Este fallo establece como gañador do certame gastronómico ao establecemento 'La Chucharita', grazas á súa proposta "Cucharita de escabeche", consistente nun escabeche verduras servido nun culler de masa
O xurado profesional estaba composto polo cociñeiro Sergio Orge e a resposteira Conchi Amoedo.
Os aspirantes nesta nova edición do concurso foron: Tapería Alalá (Delicia de Verano), Verdugolandia (Chipirones rellenos), O Recanto (Dona Burguer), La Tribu (Flecha Marina), Acuña (O cóctel de verán), Asador del Chavo (Brocheta de pollo y sésamo con mayonesa de soja), Albergue Jamarte (Pincho marinado sobre migas y pesto), La Cucharita (Cucharita al escabeche), Cervecería Alameda (Delicias del parisién), Mesón Nolito (Dulce y salado), Mesón Parada (Brocheta de ultramar), Bora Río (Pan de allo con richada mixta) e Casa 501 (Milhojas de solomillo).