Un peón de 77 anos, ferido leve nun atropelo no que o condutor se deu á fuga
Por Natalia Puga
Un veciño de Moraña de 77 anos resultou ferido leve este xoves 9 de agosto tras ser atropelado por unha furgoneta cuxo condutor a continuación deuse á fuga, pero que foi localizado pouco despois.
Os feitos ocorreron ao redor das 12.30 horas no centro urbano de Moraña, á altura da sucursal bancaria de Abanca e injmediatamente deuse aviso ao Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia e á Garda Civil de Tráfico.
Á súa chegada á lugar, os axentes de Tráfico empezaron a instruír dilixencias sobre o ocorrido. Pouco despois, apareceu nun lugar o dono da furgoneta responsable do atropelo e indicoulles que probablemente o autor sería un dos seus empregados.
O condutor foi finalmente localizado e sometéuselle á preceptiva proba de consumo de alcol, na que deu resultado negativo. Trátase dun veciño de Pontevedra de 24 anos.
O dono do vehículo relatou aos axentes de Tráfico que soubo que a súa furgoneta se vira implicada no atropelo a través de informacións veciñais. Un veciño da zona díxollo a outro empregado seu e este a el.