Sanxenxo consegue unha alta ocupación en xullo pese ao freo do crecemento turístico
Por Oskar Viéitez
Sanxenxo consolida un 74,24% de ocupación nas súas 15.000 prazas de aloxamento reguladas no sector hostaleiro e extra hostaleiro a maiores das prazas en vivendas de uso turístico e segundas residencias, o que significa 15 puntos por encima dos resultados do 2012 ou 2013, e mesmo superando os resultados do 2015 e despois de 5 anos de crecemento constante e anos de récord turístico.
O presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), Francisco González, sinalou que a carreira non é, nin debe ser polo récord turístico, por crecer cada ano máis en ocupación, "a aposta debe ser pola estabilidade" respecto dos resultados turísticos dos últimos anos e "avogar polo incremento do gasto medio e da rendibilidade".
Francisco González advertiu de que "debemos estar moi atentos a como evoluciona da tempada estival porque non se presenta coas alegrías doutros anos, pero tampouco é para asustarse se se consegue consolidar os réditos turisticos de anos anteriores".
E é que despois de anos de importantes crecementos nos que os hoteis se reservaban a moi bo ritmo, "agora hai que afacerse á normalidade".
Durante os anos 2016 e 2017, o turismo español viviu anos de récord consecutivos, en parte, pola inestabilidade política que sufrían varios países do Mediterráneo, como Exipto ou Tunes, competidores directos de España en turismo de sol e praia. Agora, tras a mellora da situación nestes destinos, o turismo español comeza a frear as súas cifras de crecemento nos últimos anos.
Este motivo, xunto ás malas condicións meteorolóxicas dos últimos meses e unha situación de inestabilidade económica que se fixo sentir abrigo desde o mes de xuño onde os empresarios viron como se paralizaban case en seco as reservas non só para o mes de xuño, senón tamén para os meses de xullo e agosto. A demanda española freouse no segundo trimestre do ano, debido á perda de empuxe do consumo e unha meteoroloxía pouco propicia para as escapadas.
"Sanxenxo debe seguir traballando desde a óptica da colaboración publico privada en en a promoción da súa marca turistica como o referente claro que é a nivel nacional de ser o destino vacacional do norte de España, Sanxenxo é sol e praia no verán, pero tamén é fóra de verán ese lugar de escapadas que ofrece un destino nautico, gastronómico e de enoturismo, de lecer e vida nocturna", declarou o presidente do CETS.
"Debemos seguir coa nosa promoción internacional xa que nela atópase unha parte moi importante da nosa desestacionalización" concluíu Francisco González López.