O PP de Poio dáse unha homenaxe no Monte Castrove
Por Redacción
O Monte Castrove foi escenario este domingo dunha xornada de celebración e convivencia organizada polo Partido Popular do municipio.
Varios centos de militantes e simpatizantes participaron na XIII Romaría Popular do PP de Poio.
Ademais da agrupación local, encabezada por Ángel Moldes, acudiron á cita dirixentes do PP provincial, autonómico e nacional, como Alfonso Rueda ou Ana Pastor, ademais de portavoces populares doutras localidades da comarca.
Todos os asistentes disfrutaron dun xantar que se pechou cunha quenda de intervencións por parte de dirixentes da agrupación política.
A cita serviu ademais para confirmar a Ángel Moldes como candidato á alcaldía de Poio en 2019.