O PP de Poio convida a participar na habitual Romaría en Monte Castrove
Por Redacción
O Partido Popular de Poio celebrará a súa habitual xuntanza no Monte Castrove o domingo 29 de maio.
Tras dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia, regresa una cita "moi importante para os afiliados, para o Partido Popular e para tantos veciños e veciñas de Poio", a XV Romaría no Monte Castrove
Isto indica, segundo o voceiro do PP, Ángel Moldes, que "a mellora da situación sanitaria permite que volvamos estar xuntos participando da nosa romaría. Gustaríanos que participedes desta reunión con nós, coa vosa familia e amigos para desfrutar xuntos dun día de convivencia e fraternización celebrando todo o que nos une".
A xornada comezará ás 13:00 horas co saúdo do Partido Popular; ás 14:00 horas comezará o xantar que constará de variado de empanada, ensalada, parrillada de carne, pan, viño e bebidas e o postre e café. O menú terá un prezo de 10 euros por persoa, co ánimo de favorecer a asistencia. A Romaría estará amenizada pola animación musical nesta edición do Trío Azabache.
Para unha mellor organización, desde o PP facilitarán os teléfonos da sede local (986 77 22 25), de Angel Moldes (679 54 51 33) e de Rocío Cochón (648 043 571) para solicitar a asistencia. Unha vez feito, poderán recoller as entradas na sede local do luns 23 ao venres 27 de maio, en horario matinal de 11:00 a 13:00 e de 20:00 a 21:30 en horario de tarde.
Moldes amosou a súa "gran satisfacción" por retomar unha xornada tan especial agardando a presencia da "gran familia do PP de Poio".