Falece unha muller rescatada da auga na praia de Compostela
Por Redacción
Unha muller falecía na tarde deste luns na praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa. Os socorristas conseguían rescatar a vítima, veciña de Vilagarcía de 45 anos, que se atopaba na auga e levala ata a beira para atendela.
Varios bañistas avisaron ao 112 Galicia, que avisou ás 061-Urxencias Sanitarias. Os efectivos de emerxencias tentaron reanimar á muller, pero entrara en parada cardiorrespiratoria e as tentativas por salvala resultaron infrutuosas.
Desde o 112 Galicia tamén se alertou, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, ás forzas policiais e aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias.
Relacionadas:
-
Rescatan un home que perdeu o coñecemento cando nadaba na Lanzada
Por Redacción | Creada e actualizada