A música coral chega a Barbudo da man de Valdarrosa
Por Redacción
O programa 'Música nas Igrexas' integrado na programación cultural do Concello de Ponte Caldelas chegou esta fin de semana á parroquia de Barbudo, onde a agrupación coral Valdarrosa ofreceu un recital á veciñanza.
A actuación da coral, desenvolvida nesta ocasión na Casa do Pobo e non na igrexa, serviu tamén para a estrea da súa nova directora, a cubana Aleida E. Leyva de la Rosa, que substitúe a Iván Gulín. Está presidida por Manuel Losada.
A coral, formada por 32 personas, interpretou para os veciños as pezas 'Compañeira', 'O meu amor é mariñeiro', 'Velaí vai', 'Esta Tierra', 'Prende', 'La Sirena', 'O voso galo comadre' e 'Camiño do Indio'.
A iniciativa cultural ten previstas actuacións ata final de ano. Así, segundo recolle a programación, estará en Caritel o 20 de xullo, en Laxoso o 28 de setembro e en Caldelas o 28 de decembro.
A coral Valdarrosa ten unha presencia moi activa na dinamización social do municipio, pois é habitual das festas das Dores, a festa da patrona ou o concerto de Nadal. Foi fundada en 1992 e dende entón ten actuado xa en Salvador de Bahía, en Lisboa e en diversos lugares de Galicia. Tamén ten participado en programas da TVG.