Gran despregue policial para capturar a unha parella que roubou un coche na rúa Rosalía de Castro
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil protagonizan un gran despregue para deter a unha parella que esta mañá roubou un coche na rúa Rosalía de Castro.
Segundo unha primeira versión facilitada pola Comisaría Provincial da Policía Nacional, o suceso produciuse ás nove da mañá.
A propietaria do vehículo baixou do coche deixandoo acendido mentres deixaba a dous nenos na guardería Pasitos na rúa Rosalía de Castro. Esa circunstancia foi aproveitada por estes dous individuos para subir ao turismo e "con violencia" mandar baixar aos cativos para logo escaparse en dirección a Marín.
Algunhas testemuñas presenciais apuntan a que os delincuentes esgrimieron unha navalla.
Ao tratarse dunha parella e a propia intervención da Garda Civil no casco urbano de Pontevedra relaciona este suceso coa parella de toxicómanos que desde hai catro días está sendo obxecto dunha persecución pola provincia e á que o Instituto Armado vincula con polo menos media ducia de roubos.