Nova promoción de ciberexpertos en Marcón: "Si la niñas dicen que sí o dicen que no, tenemos que respetarlo"
Un grupo de escolares do colexio público de Marcón convertíanse o xuño pasado nos primeiros con carné de ciberexperto de Galicia. Este 2018, os seus compañeiros seguiron os seus pasos e graduouse a segunda promoción deste centro con este recoñecemento da Policía Nacional.
O comisario xefe provincial, Manuel Bouzas, entregoulles este mércores os carnés que lles acreditan como ciberexpertos nun acto no centro educativo no que, ademais, aproveitou para lanzar unha mensaxe en prol da igualdade aos estes escolares. "Si las niñas dicen que sí o dicen que no, tenemos que respetarlo", díxolles, á vez que lles pedía que "el respeto y la libertad es lo único que no se puede perder".
Na súa intervención ante os escolares, o comisario aproveitou para trasladarlles se preocupación ante a violencia de xénero. "Si me dicen, como comisario, qué es lo que más me preocupa de la provincia, diría la violencia de género", indicou e revelou que cada día reciben na provincia entre oito e nove denuncias por delitos relacionados con esta secuela social, de modo que é necesaria a implicación de toda a sociedade e desde a etapa educativa para acabar con situacións como esta.
Os escolares lograron este carné como parte dun proxecto desenvolvido no marco do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas no que durante os dous últimos meses os responsables de Participación Cidadá da Policía Nacional impartiron á clase de sexto de Primaria un completo programa formativo de dez charlas.
Houbo dez sesións nas que abordaron problemas que hai na internet como ciberacoso, grooming, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inapropiado, xestión da privacidade e identidade dixital, netiqueta e mediación parental.
Unha vez superado o test final, este mércores recibiron o seu carné de ciberexpertos, que está impreso na Fábrica de Moeda e Timbre e é imposible de falsificar. A maiores, o seu colexio quedou acreditado para o seu acceso á web de Ciberexpert@ da Policía, que contén todo o material e ferramentas necesarios para concienciar e sensibilizar aos alumnos no uso responsable da internet e detectar os riscos e problemas que poidan atopar.
Durante o acto de entrega dos carnés, o comisario profundou nos consellos aos escolares, pois "Internet é bo, é útil e serve para moito, pero, ollo, hai que usalo ben", pois "hai xente que usa Internet para cousa que non se debe". Entre outras cuestións, recoméndalles ter coidado co oso das redes sociais e "sobre todo, con quen compartides arquivos e fotografías".
Tras entregar os recoñecementos, someteuse ás preguntas dos escolares, que quixeron saber se o comisario provincial podería ser o seu escolta. Manuel Bouzas, que destacou que se el estaba no colexio con eles significa que todos os policías da provincia de Pontevedra estaban á súa disposición, indicoulles que xa foi escolta de nenos pequenos noutras etapas da súa carreira e recomendoulles que poden estudar e opositar á Policía Nacional para asumir esas funcións elas mesmos.
Entrega del carnet de ciberexperto a escolares de Marcón
Un grupo de escolares do colexio público de Marcón convertíanse o xuño pasado nos primeiros con carné de ciberexperto de Galicia. Este 2018, os seus compañeiros seguiron os seus pasos e graduouse a segunda promoción deste centro con este recoñecemento da Policía Nacional
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Ponte Sampaio empeza a formarse para ser un colexio ciberexperto
Por Redacción |
-
A Policía Nacional celebra o seu patrón cun descenso dos delitos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Proxecto 'Redes', unha iniciativa colectiva para resolver problemas sociais e educativos en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Un cento de novos ciberexpertos en Marín
Por Redacción |
-
Trinta escolares de Salcedo, expertos en ciberseguridade
Por Redacción |
-
Os escolares de Marcón, ciberexpertos con carné
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |