Bandeira a media hasta na Comandancia en homenaxe ao galego Pardines e a todas as vítimas de ETA
Por Redacción
O 7 de xuño de 1968 abríase o historial de vítimas mortais da banda terrorista ETA e o primeiro en pasar a engrosar a lista era un galego, o axente da Garda Civil José Antonio Pardines Arcay. Este xoves, no 50 aniversario daquel triste fito histórico, o seu recordo faise sentir tamén en Pontevedra, onde a bandeira da Comandancia ondea a media hasta.
A medida, que se adopta en todos os acuartelamentos españois desde a pasada medianoite, súmase ás homenaxes que se suceden por toda a geograría española en recordo ao novo, que tiña 25 anos cando foi asasinado en Guipúscoa durante un control de tráfico, e que teñen un dos seus epicentros en Galicia, na localidade de Malpica de Bergantiños da que era natural.
A Dirección Xeral da Garda Civil decidiu adoptar a medida de que todas as bandeiras ondeen a media hasta durante 24 horas para aproveitar esta efeméride e realizar unha homenaxe a todas as vítimas do terrorismo.
O tráxico historial de ETA suma desde ese primeiro atentado contra Pardines ata a súa disolución este ano 2018 un total de 829 mortos.