O pleno de Cuntis aproba a cesión gratuíta ao Sergas do Centro de Saúde de Espadenal
Por Redacción
O pleno da corporación municipal de Cuntis aprobaba este xoves o inicio de expediente de cesión do Centro de Saúde de Espadenal ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para que se encargue dos gastos de mantemento.
Trátase dunha vella demanda por parte do goberno local, xa que desde hai anos o Concello ten que asumir en solitario os gastos do centro. Esta situación levou a que levase a cabo unha manifestación ante as instalacións sanitarias.
A cesión é gratuíta e libre de cargas do inmoble situado na rúa Olimpo Arca, en Espadenal. O expediente, despois dos trámites administrativos pertinentes, remitirase á Consellería competente en materia de Administración Local para que o aprobe.