Tres veciños do Vao aceptan tres anos de prisión por tráfico de drogas
Por Natalia Puga
MM.B.C., A.G.C. e M.G.B., residentes en O Vao de Arriba (Poio), aceptaron cumprir tres anos de prisión como presuntos autores dun delito contra a saúde pública referido a substancias que causan grave dano á saúde.
Os tres alcanzaron un acordo de conformidade coa Fiscalía e ratificárono no despacho do secretario xudicial, de modo que se evitou a celebración do xuízo, que estaba previsto na Sección Segunda da Audiencia Provincial para o martes, pero suspendeuse porque os tres membros do tribunal juzgador secundaron a folga de xuíces e fiscais convocada a nivel estatal. Este xoves debía retomarse, pero xa non se fixo, ao ratificarse esa conformidade.
O fiscal pedía inicialmente que A.G.C. e M.G.B. fosen condenados a cinco anos de prisión e o pago dunha multa de 319,148 euros e MM.B.C. a mesma pena de prisión, pero unha multa maior, 849,178 euros. Tras alcanzar o acordo, a pena de prisión reduciuse sensiblemente e as multas tamén, aínda que non trascendeu canto.
Ademais, o fiscal mostrouse de acordo con que se suspenda o seu ingreso efectivo en prisión no caso de que acrediten que son adictos ás drogas tal e como aseguran e que se someten a un tratamento de desintoxicación. A Audiencia ditará sentenza en base a ese acordo e no fallo concretará finalmente se se acepta esa suspensión da pena.
Os tres acusados foron detidos xunto a outras tres persoas o 11 de abril de 2016 nunha redada da Garda Civil no poboado do Vao. Segundo acusaba a Fiscalía e eles mesmos recoñeceron ao asinar o acordo, dedicábanse á actividade de transacción e venda a terceiras persoas de substancias estupefacientes, sobre todo cocaína, a pequena escala desde dúas chabolas distintas.
A Garda Civil estableceu dispositivo policial de vixilancia durante os meses de febreiro e marzo de 2016 e, á vista do resultado dos controis, e unha vez obtida a preceptiva autorización xudicial, levaron a cabo o 11 de Abril de 2.016, con todas as garantías constitucionais e legais, dilixencias de entrada e rexistro nas chabolas.
Na vivenda de A.G.C. e M.G.B. atoparon 0,056 gramos de cocaína debaixo do fregadero da cociña e na de NM.B.C., nun cubo- orinal situado no dormitorio, un envoltorio e anacos soltos da mesma substancia. En total, 0,575 gramos nun punto, 3,918 gramos noutro e 0,085 gramos noutro. Ademais, no interior dun caixón dunha mesilla do dormitorio acháronse 0,065 gramos en dous anacos.
Relacionadas:
-
A Garda Civil detén unha veciña do Vao reclamada pola Audiencia Provincial
Por Redacción |
-
A folga de xuíces e fiscais obriga a suspender un xuízo por tráfico de drogas no Vao
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Fiscalía pide cinco anos de prisión para tres veciños do Vao por tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez |
-
Quedan en liberdade os seis detidos na redada antidroga no Vao de Arriba
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Redada antidroga da Garda Civil no Vao de Arriba con seis detidos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada