![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b9e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5b003bbd22-20180519benitocorbal1.jpg)
© Xunta de Galicia
A reforma do edificio da Xunta en Benito Corbal, lista no primeiro trimestre de 2019
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7b7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5b003be1b3-20180519benitocorbal2.jpg)
© Xunta de Galicia
As obras de reforma da antiga sede da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra marchan segundo o calendario previsto.
Así llo confirmaron representantes da empresa adxudicataria dos traballos, a UTE Acciona-Ramírez, ao vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, nunha visita aos traballos xunto ao delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
A reforma foi adxudicada por algo máis de catro millóns de euros. Xunto ao estudo previo, a redacción do proxecto, a auditoría enerxética e as direccións facultativas, o investimento global ascende a case 4,3 millóns de euros.
Segundo establécese no proxecto e no convenio asinado entre administracións, os case 6.000 metros do edificio albergarán no baixo e nas súas dúas primeiras plantas as oficinas de emprego, que ata agora estaban alugadas noutros locais. Nas plantas terceira e cuarta, a Xunta poñerá a disposición de entidades e asociacións da cidade un espazo para situar as súas oficinas e locais, mentres que as catro plantas restantes están reservadas para a Universidade de Vigo.
Entre as novidades que se percibirán a primeira ollada, a remodelación integral do inmoble incluirá a substitución da fachada por un revestimento de aluminio. Xa no interior incluirá distintas actuacións no campo da eficiencia enerxética, co obxectivo de reducir nun 70% o custo de mantemento en calefacción e iluminación do inmoble.
Relacionadas:
-
As asociacións visitan a obra do edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Aprobada a contratación das obras para o tramo non peonil de Benito Corbal
Por Redacción |
-
A Xunta escoitará ás asociacións para fixar o reparto dos espazos da sede de Benito Corbal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A futura sede do Campus Crea primará espazos para a docencia, o emprendemento e a cultura
Por Alejandro Espiño |
-
Os obreiros xa traballan na rehabilitación do edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
O edificio da Xunta en Benito Corbal, en obras desde esta semana
Por Redacción |
-
A sede do Campus Crea ocupará catro plantas do edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta establecerá criterios "o máis obxectivos posibles" para repartir o seu edificio de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |