As parcelas libres do polígono de Barro-Meis, de novo á venda
Por Redacción
Trinta e tres parcelas do polígono industrial de Barro-Meis seguen sen estar ocupadas. Para tratar de vendelas, a Deputación de Pontevedra vén de iniciar un novo prazo de recepción de ofertas. As empresas interesadas terán ata o 9 de xuño para facer a súa solicitude. O seu prezo sitúase en 99 euros por metro cadrado.
A institución provincial permite así facer fronte á demanda existente de solo industrial para a implantación das empresas que comezaron a xurdir neste ano ou que, ante as melloras ofertadas pola Deputación, teñan interese en establecerse nesta infraestrutura estratéxica.
As parcelas poden ser adquiridas en propiedade ou coa nova fórmula de constitución dun dereito de superficie, cun mínimo de cinco anos e un máximo de ocupación de 25 anos e con opción final de compra da mesma parcela.
No caso de que varias empresas soliciten a mesma parcela, gañará a mellor oferta. Pasado este período dun mes, no suposto de que non se cedan todas as parcelas, as empresas terán un novo prazo dun ano, no cal a Deputación de Pontevedra poderá allear directamente as restantes a través do sistema de venda ou cesión directa.
A Deputación de Pontevedra dispón na actualidade dun total de 33 parcelas que suman preto de 110.000 metros cadrados e que se suman ás 43 parcelas xa ocupadas, que supoñen máis de 153.00 metros cadrados.
Ademais, no polígono de Barro atópanse tamén o viveiro de empresas da Deputación de Pontevedra, que ocupa unha parcela de 2.500 metros cadrados (cunha ocupación total no caso das naves e moi avanzada no caso das oficinas) e, a maiores, o centro de apoio empresarial cunha parcela da mesma extensión que a anterior.
O polígono de Barro ten un ámbito de preto de medio millón de metros cadrados, xunto á autoestrada AP-9, dos que aproximadamente están dedicados á actividade empresarial 261.000 metros. O resto destínanse a viarios, zonas de aparcamento, zonas verdes, equipamentos públicos e tamén reservas para infraestruturas.
Relacionadas:
-
Novo impulso ao polígono de Barro-Meis: contratan os servizos da EDAR e a ETAP
Por Redacción |
-
Vinte proxectos emprendedores participarán na segunda edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
O 54% da superficie do polígono de Barro xa está adxudicada
Por Redacción |
-
Froiz e Yatecomeré mercan catro novas parcelas no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O viveiro de Barro, a un 10% de quedar totalmente ocupado
Por Redacción |