O 54% da superficie do polígono de Barro xa está adxudicada
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra adxudicou unha nova parcela no polígono de Barro. O comprador é Rafael Buceta e vaina destinar a tarefas relacionadas co transporte de madeira.
Segundo informou a Deputación Provincial, trátase da parcela A-11, de 2.459,95 metros cadrados, e adxudicouse por valor de preto de 295.000 euros.
A Deputación lembra que esta nova adxudicación realízase nunha época de moita actividade no polígono industrial, pois nun prazo dun mes adxudicáronse cinco parcelas, o que supón 141.624,84 metros cadrados vendidos da superficie do polígono.
Recentemente, a Deputación adxudicara outras dúas parcelas de 6.537,92 metros cadrados por valor de preto de 790.000 euros a Distribuciones Froiz S.A. e outras dúas de 5.545,60 metros cadrados por valor de 665.000 euros a Yatecomeré S.L.
A Deputación de Pontevedra xa adxudicou 41 parcelas, o que supón o 54% da superficie total, que ascende aos 258.436,81 metros cadrados.
Estas parcelas están ocupadas por unha vintena de empresas entre as que se atopan Distribuciones Froiz, TC Group Atlántico, Balvalen, Hijos de Rivera, Yatecomeré, Estación de Servicio Low Cost, Centro Apoyo Empresarial, Viveiro, Áridos de Curro, Aluminios Taboada y Blanco, Novas Rías SL, José B. González Villaverde, Frutas Moncho, Rafael Buceta, González Cerqueiro, Mariscos Alumar, GESCOGRA, Gasóleos Xeve, CAENOR e EDF. Solar.
Relacionadas:
-
Froiz xa ten licenza para construír a súa nave conxeladora no polígono de Barro
Por Redacción |
-
Unha procesadora de mariscos creará unha trintena de empregos no polígono de Barro
Por Redacción |
-
Froiz comezará este ano as obras da súa plataforma de conxelados no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
As parcelas libres do polígono de Barro-Meis, de novo á venda
Por Redacción |
-
Remata a primeira edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
Froiz e Yatecomeré mercan catro novas parcelas no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O viveiro de Barro, a un 10% de quedar totalmente ocupado
Por Redacción |