Froiz e Yatecomeré mercan catro novas parcelas no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres a adxudicación de catro novas parcelas no polígono de Barro, por alleamento directo, a un prezo de 119,79 euros por metro cadrado. Máis polo miúdo, trátase de dúas parcelas para Distribuciones Froiz S.A, por valor de 783.177,51 euros, e outras dúas para a empresa Yatecomeré S.L. por 664.307,42 euros.
En canto a Froiz, entre as dúas novas parcelas adquire unha superficie de 6.537,92 metros cadrados, que se suman ás 16 que xa tiña adquirido a firma e nas que, segundo informou o grupo empresarial no seu día, situará un gran centro loxístico e un centro para o tratamento de mercadoría en fresco.
Pola súa banda, as dúas parcelas adquiridas por Yatecomeré ocupan unha superficie de 5.545,60 metros cadrados. Esta empresa de Ribadumia traballa na elaboración de pratos preparados e envasados ao baleiro de alta calidade.
O polígono de Barro conta cunha superficie total de 258.436 metros cadrados das cales 139.164 metros cadrados están xa vendidos, é dicir, o 54% da súa superficie, con 40 parcelas vendidas.
Amais de Distribuciones Froiz S.A e Yatecomeré S.L., as empresas que xa teñen adquirido parcelas no polígono de Barro son TC Group Atlántico SL, Balvalen SL, Hijos de Rivera SL, Estación Servicio Low Cost 2015, Centro Apoyo Empresarial, Viveiro, Áridos de Curro, Aluminios Taboada y Blanco, Novas Rías SL, José B. González Villaverde, Frutas Moncho, González Cerqueiro SC, Mariscos Alumar SL, GESCOGRA, Gasóleos Xeve, CAENOR e EDF. Solar SL.
Relacionadas:
-
Froiz xa ten licenza para construír a súa nave conxeladora no polígono de Barro
Por Redacción |
-
Froiz comezará este ano as obras da súa plataforma de conxelados no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
As parcelas libres do polígono de Barro-Meis, de novo á venda
Por Redacción |
-
O 54% da superficie do polígono de Barro xa está adxudicada
Por Redacción |
-
Froiz inicia as obras de peche da parcela do seu futuro centro loxístico
Por Redacción |
-
Froiz e outras seis empresas compran máis parcelas en Barro-Meis
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |