Concentración na Peregrina pola defensa do ensino público
![Sara](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/f8d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5aa6ae44bc-img_8269-iloveimg-converted-copia.jpg)
Por Sara López Lago
A praza da Peregrina acolleu este martes unha concentración pola defensa do ensino público.
A Plataforma pola Defensa do Ensino Público, CCOO, UGT y representantes del PSOE reuníronse para ler un manifesto. Entre as medidas que esixen atópase a creación dun pacto de ensino consensuado, a derrogación da LOMCE, os recortes, a falta de axudas para os estudantes, a pouca colaboración cos centros de ensino e que se pasen por alto as queixas dos docentes.
Denuncian a pasividade das administracións e dos políticos para buscar solucións e sinalan que a Subcomsión de Educación no Congreso, creada especialmente para a elaboración dun novo e mellorado pacto educativo, foi abandonada polos partidos políticos.
Esta é unha das protestas que levarán a cabo para denunciar a política educativa posta en marcha polo PP, e anuncian que estarán pendentes de todos os grupos políticos para decidir a quen apoiarán nos meses vindeiros.
Concentración na plaza da Peregrina pola Defensa do Ensino Público
Este martes varias organizacións xuntáronse na praza da Peregrina para defender o ensino público, esixindo a derogación da LOMCE, un pacto educativo consensuado, máis colaboración cos centros educativos e os docentes, así como o aumento da axudas e becas para os estudantes.
© Sara López Lago