Convocan unha concentración na Peregrina para pedir o pacto educativo e a derrogación da LOMCE
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia sairá este martes 8 ás 19.30 horas á rúa cunha concentración na praza da Peregrina e chama a que a comunidade escolar apoie esta convocatoria para reclamar unha lei educativa e de consenso.
Este luns, Cristóbal Salgueiro, de UXT, Ana Gento, de CC.OO. e Rogelio Carballo, en representación da Confapa Galicia, manifestaban a súa preocupación ante a falta de actividade política para derrogar a LOMCE, a lei educativa aprobada polo Partido Popular.
Sinalan que hai máis dun ano que se creou unha Subcomisión de Educación no Congreso dos Deputados para elaborar un pacto educativo, pero que foi abandonado polo PSOE, Unidos Podemos e outros grupos parlamentarios.
Ante esta situación e ante a "nefasta política educativa" do PP, Escola Viva, UXT, Confapa Galicia, CCOO, Sindicato de Estudantes e IESGA decidiron iniciar protestas esixindo maior financiamento para Educación, a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes no ensino cun incremento das bolsas. Todos estes puntos deberían estar recollidos nunha lei de consenso a través do pacto educativo.
Rogelio Carballo sinalou que "é unha esixencia alcanzar un pacto educativo" e que estarán pendentes do que suceda nos próximos meses entre as agrupacións políticas de cara a mostrar o seu apoio nas vindeiras eleccións.
Relacionadas:
-
Concentración na Peregrina pola defensa do ensino público
Por Sara López Lago |
-
VÍDEO.- A comunidade educativa volve rebelarse contra a LOMCE
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O alumnado móllase pola retirada da Lomce
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
O PSOE inicia unha campaña para a derrogación da LOMCE
Por Redacción |