Un ciclista e un motorista resultan feridos en dous accidentes en Vilanova de Arousa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pasadas as 13:30 horas, un turismo impactaba contra unha moto en San Roque de Corón en Caleiro no concello de Vilanova de Arousa. O motorista resultou ferido. Segundo informou o servizo de emerxencias do 112, ata a zona desprazouse unha ambulancia, a Policía local e membros de Protección Civil.
Media hora máis tarde, Urxencias Médicas alertaba o 112 do atropelo dun ciclista no centro de Vilanova. O accidente producíase na Avenida de González Besada entre o supermercado Froiz e a cafetaría Snob. Ata o lugar trasladáronse a Policía local, Protección civil e unha ambulancia que trasladou o ciclista ferido ata o Hospital do Salnés.