Sanxenxo celebrará un novo "Degusta Tapas" a partir do 17 de maio
Por Redacción
Unha nova edición do concurso "Sanxenxo Degusta Tapas" terá lugar desde o 17 de maio ata o 10 de xuño, segundo confirmaron desde o goberno local.
Desde Turismo de Sanxenxo enviáronse as bases para participar no concurso aos profesionais de hostalería do municipio. O prazo para inscribirse termina este xoves e todos aqueles que desexen inscribirse poderán facelo na sede de turismo de Sanxenxo, situada no Porto Deportivo ou a través do correo electrónico.
Para participar hai que cumprir o requisito de estar dado de alta como restaurante, cafetería, bar ou establecemento de aloxamento dentro do termo municipal.
Cada establecemento poderá elaborar un máximo de dúas tapas, podendo participar na modalidade de tapa tradicional ou tapa creativa. Ademais poderase engadir unha terceira tapa doce (sobremesa), que manterá o prezo doutras edicións, 2 euros.
Serán dous os xurados que avalíen as tapas, un popular e un profesional, e outorgarán premios á mellor tapa tradicional, a mellor tapa creativa e a mellor tapa doce.
Para emitir o seu voto o público deberá visitar polo menos cinco establecementos, podendo participar así, nos sorteos e agasallos que se entregarán ás persoas que se acheguen a degustar as tapas.
Ademais, Turismo de Sanxenxo emprenderá diferentes accións de difusión do certame, de maneira que os participantes aparecerán nos folletos, carteis e "degustamapas". Terán tamén unha presenza destacada na web municipal e nas redes sociais.
Relacionadas:
-
O restaurante Xerfa acapara todos os premios do Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
Un mes de grandes tapas en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo estrea nova cita gastronómica: Petiscos de outono
Por Redacción |
-
Os locais Fidel, Xerfa e Ollares da Ría, gañadores do concurso Degusta Tapas
Por Redacción |