213.000 euros de investimento para mellorar o abastacemento de auga en Cerdedo
Por Redacción
A primeira fase do proxecto de mellora e reforzo do servizo de abastecemento de augas no territorio de Cerdedo contará con sete depósitos. O presidente do municipio Jorge Cubela, coa presenza do vicepresidente, José Balseiros, asinou os convenios de colaboración coas comunidades de montes e de augas para que se concedan as subvencións nominativas destinadas a crear estas infraestruturas.
Os lugares de Tresaldeas, Os Castros-Outeiro, Framil- Peniñas, Vilalén, Meilide, Covas e Cabenca-Revolta beneficiaranse de axudas por un valor total de 213.000 euros, que se suman ao xa realizado en Tomonde.
En total serán 18 novos depósitos os que se instalen en todo o municipio de Cerdedo-Cotobade para garantir o abastecemento de auga da poboación en todo o Concello.
Os dez novos proxectos realizaranse con subvencións que xa se contemplan nos orzamentos municipais. Irán destinados a Boliñas, Rebordelo, Cuqueira, Xesteira, Susteliño, Ponte Bolera, Coutiño, Vilar, Filgueira e Folgos. O investimento será de 248.000 euros.
Cubela, tras a firma, indicou que se trata dun esforzo importante para contar con recursos no caso de que se produzan situacións graves de seca.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade construirá nove depósitos para garantir o subministro de auga
Por Redacción |
-
Rehabilitar o novo local social de Filgueira custará 89.000 euros
Por Redacción |
-
O Concello renova a traída de augas de Laxoso
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade financiará a creación 14 depósitos de auga no municipio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade instalará colectores para depositar aceite e modernizará o punto limpo
Por Redacción |