Marín recibirá 2.000 euros para causas sociais se incrementa máis dun 10% a reciclaxe de plásticos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a47/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ae57dff47-img_20180427_152102.jpg)
© Concello de Marín
Marín forma parte dos 15 concellos galegos que durante os meses de maio, xuño e xullo deberán asumir o reto da campaña 'Recicla, Respira e Supérate', unha iniciativa de Ecoembes que se desenvolve por primeira vez en Galicia.
Cada concello participante deberá asumir o reto de mellorar a súa achega de envases lixeiros ao contedor amarelo, no que se depositan latas, briks e envases de plástico. Polo menos debe incrementar a achega nun 10% en comparación con estes tres meses en 2017.
Os muncipios que consigan superar esta condición recibirán un premio de 2.000 euros para destinar a unha causa social de carácter local, que escollerá o goberno municipal.
Con esta acción, na que participa a concellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Marín, búscase mellorar a taxa actual de reciclaxe, co obxectivo de concienciar á ciudadania sobre a importancia de coidar o medio ambiente a través da utilización correcta dos contedores.
Instalarase un contedor amarelo xigante, que se instalará cada semana nun punto diferente do municipio, para chamar a atención dos veciños. E tamén haberá unha visita ciclista para promover a campaña