O Goberno destina 1,5 millóns á restauración de áreas arrasadas polos incendios
Por Redacción
Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade serán dous dos municipios que poderán beneficiarse das actuacións hidrolóxico-forestais que realizará o Goberno nas zonas afectadas polos incendios que arrasaron a provincia de Pontevedra o pasado mes de outubro.
O Consello de Ministros aprobou a declaración de emerxencia destas obras, que supoñerán un investimento de 1.500.000 euros.
Ese diñeiro será destinado a accións encamiñadas a diminuír a achega de cinzas e arrastres contribuíndo ao restablecemento da vexetación existente na zona, garantir a subministración de auga potable e evitar a proliferación de pragas e de procesos erosivos.
É necesario, sinala o Goberno, actuar contra a erosión e retirar de maneira inmediata a madeira queimada e os restos que impiden que a vexetación se rexenere, feito que reducirá ao mesmo tempo o risco de ataque de pragas forestais sobre as árbores danadas, que poderían afectar o resto da masa lindeira non danada polo incendio.
Con ese obxectivo os traballos de restauración contemplan tratamentos da vexetación, mellora das infraestruturas e a creación de descontinuidades en vaguadas.
Trátase dunha iniciativa que busca combater os efectos dun incendio que se iniciou en Padróns (Ponteareas) e estendeuse cara ao norte afectando a Mos, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior, Ponte Caldelas e Cotobade. Arrasou un total de 8.877 hectáreas, das que aproximadamente a metade eran arborizadas e a outra metade rasas.
Os cuantiosos danos forestais teñen gran transcendencia, por afectar a zonas onde a vexetación xoga un importante papel de control da erosión e mellora da biodiversidade, ademais do seu gran valor paisaxístico.
Relacionadas:
-
O Centro Forestal de Lourizán amosa os seus avances fronte o risco hidrolóxico erosivo tras os lumes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas enviará unha carta a toda a veciñanza identificando as fincas en faixa de protección forestal
Por Redacción |
-
Os colexios de Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas celebran con plantacións o día da árbore
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Balance positivo do tratamento con palla e centeo do solo incendiado en Ponte Caldelas
Por Gabriela Varela Asorey |
-
A solidariedade permite a unha familia de Parada afectada polos incendios restaurar a súa casa
Por Redacción |