Unións Agrarias denuncia manobras para beneficiar ás grandes adegas prexudicando á maioría de viticultores
Por Oskar Viéitez
O sindicato Unións Agrarias (UUAA) alertou dos efectos negativos do novo modelo de viticultura que se quere presentar en Galicia.
Nunha rolda de prensa celebrada este venres en Pontevedra, Roberto García, secretario xeral de UUAA analizou a orde da Consellería do Medio Rural para a reestruturación e reconversión do viñedo de Galicia que se pretende implantar.
Esta iniciativa que impulsan a Xunta de Galicia e os consellos reguladores "aposta por un modelo de grandes adegas á marxe da viticultura social" e pretende substituír o que é unha realidade social, os viticultores a tempo parcial (o 93% de toda a xente que vende uvas en Galicia e só un 7 vive en exclusiva da produción de viño e moitos son adegas).
Segundo os datos ofrecidos por este sindicato a Denominación de Orixe Rías Baixas perdeu, nos últimos anos, aproximadamente a uns 5.000 viticultores.
Ademais denuncian que a Xunta pretende cambiar a prioridade que establece o Ministerio de que os plans colectivos de varios viticultores teñen prioridade sobre os que presenta unha adega. Así se establecerá un límite mínimo de 15 hectáreas para subvencionar ou a prohibición de que soliciten axudas os maiores de 65 anos.
E prioriza para as subvencións aos viticultores que teñen seguro, como os de adegas e grandes viñedos. En Rías Baixas apenas existen 300 téñeno.
Relacionadas:
-
A D.O. Rías Baixas é o terceiro perceptor galego de fondos agrícolas europeos
Por Oskar Viéitez |
-
O cambio climático beneficia o viño das Rías Baixas
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín |
-
A D.O. Rías Baixas celebra o Día Movemento Viño
Por Redacción |
-
As vendas dos viños de Rías Baixas creceron no último ano
Por Redacción |
-
Os viños de Rías Baixas, máis internacionais que nunca
Por Redacción |
-
Rías Baixas vendimou no Salnés 25 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez |