Os funcionarios de xustiza lembran na rúa que seguen en folga
Por Oskar Viéitez
Os funcionarios en folga da administración de xustiza percorreron este martes as rúas de Pontevedra en manifestación, desde a Subdelegación do Goberno ata a delegacion da Xunta, dentro dunha nova xornada de paro que, segundo os convocantes, foi secundada ao 84 % na capital.
Os sindicatos celebran que a participación na folga segue sendo moi alta despois de 36 días.
Estes empregados públicos esixiron ao goberno galego que sente a negociar con novas propostas de acordo, xa que consideran inasumibles as últimas ofertas presentadas pola Xunta.
O executivo autonómico lembrou este martes que a súa oferta coloca aos funcionarios de xustiza "por enriba da media estatal".
Ademais o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recalca que estes funcionarios terán unha subida salarial dun 13% e que se empezará a aplicar xa en 2018.
Rueda pediu responsabilidade aos sindicatos e sinalou que "non ten sentido expor novas esixencias unha vez que se atenderon as demandas iniciais".
Relacionadas:
-
O comité de folga consulta aos funcionarios de xustiza se se planta na subida de 190 euros
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Concentración do persoal de xustiza á espera de que a negociación chegue a bo final
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O persoal de xustiza en folga vai concentrarse ante a Audiencia durante o xuízo a Sito Miñanco
Por Redacción |
-
Os funcionarios de xustiza pedirán un adianto da nómina como medida de protesta
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Os xulgados da Parda acollen un reivindicativo enterro do "bicho da Xustiza"
Por Anxo Lourido |