Os funcionarios de xustiza pedirán un adianto da nómina como medida de protesta
Por Oskar Viéitez
Os funcionarios de xustiza que levan en folga desde o pasado día 7 programaron novas medidas de protesta en Pontevedra para o vindeiro luns 26 de febreiro, na que será a cuarta semana de paro indefinido.
Os sete sindicatos con representación na administración de xustiza convocaron aos funcionarios para que ese día, ás 9.30 horas, acudan a doar sangue ao Hospital Provincial. Explican aos seus compañeiros que, aínda que non poidan doar acudan igualmente para facer cola e visibilizar esta mobilización.
Para esta mesma xornada do luns, ás 11.30 da mañá, teñen previsto acudir á Audiencia Provincial para presentar unha solicitude de adianto de nómina, ademais de reclamar a dimisión do director xeral de Función Publica, José María Barreiro, no rexistro da Xunta.
A participación nesta folga indefinida segue sendo moi alta mentres o conflito laboral permanece bloqueado tras o fracaso das negociacións.
Segundo os sindicatos cada xornada de folga supón unha perda de entre 60 e 90 euros no soldo de quen a secunda e sosteñen que nas 13 xornadas que levan de paro indefinido, en toda Galicia suspendéronse uns 7.000 xuízos e denegáronse preto de 20.000 trámites.
O Colexio de Procuradores de Pontevedra emitiu un comunicado oficial no que alerta dos "graves prexuízos" que está a provocar ter os xulgados paralizados.
Relacionadas:
-
Os funcionarios de xustiza lembran na rúa que seguen en folga
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración do persoal de xustiza á espera de que a negociación chegue a bo final
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O persoal de xustiza en folga vai concentrarse ante a Audiencia durante o xuízo a Sito Miñanco
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os xulgados da Parda acollen un reivindicativo enterro do "bicho da Xustiza"
Por Anxo Lourido |
-
O persoal de Xustiza en folga prepara un novo acto de protesta: o velorio de 'Ruedachol'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Xunta alerta o persoal de Xustiza en folga que a súa oferta económica non vai mellorar
Por Redacción |
-
O comité de folga do traballadores da xustiza empraza a Feijóo e a Rueda a retomar as negociacións
Por Oskar Viéitez |