O Grove reclama a Portos de Galicia solucións para a zona de cuberta entre a lonxa e o mercado
Por Redacción
Anos atrás, Portos de Galicia asumía unhas obras de mantemento na lonxa de contratación do Grove. Estes traballos provocaron danos nos espazos entre ambas as instalacións debido ao mal estado en que quedou a zona de cuberta na unión entre os dous inmobles.
Segundo o goberno local do Grove, a entrada de auga viuse agravada co paso do tempo converténdose nun problema no uso diario das instalacións do Mercado. Os traballadores están obrigados a transitar por estes corredores de servizo que se atopan alagados e nun estado lamentable.
Por este motivo, o Concello do Grove reclama a Portos de Galicia que asuma os gastos de reforma destes espazos, polos que cobra contías elevadas ao municipio. Desde a alcaldía enténdense que o posicionamento por parte da entidade que dirixe José Juan Durán é claramente político e está a afectar aos usuarios do mercado.
O edificio pasou, desde principios de 2018, a mans da entidade portuaria que cobra ao Concello do Grove máis de 20.000 euros ao ano polo uso das instalacións. Ata finais de 2017, o Concello contaba cunha concesión e pagaba mensualmente unha cota á Xunta de Galicia por dispoñer da titularidade, que se situaba contorna aos 1.200 euros anuais.
Para o goberno local, as condicións da nova concesión foron abusivas e ademais lamenta que as taxas non revertan no municipio.