Os adolescentes "coquetean" co alcohol, tabaco e drogas aos 14 anos
Por Redacción
Con apenas 14 anos os adolescentes da cidade de Pontevedra teñen o seu primeiro contacto co alcol, o tabaco ou drogas como o cannabis. Así o acredita a enquisa sobre hábitos de lecer nos mozos, cuberta por 1.170 escolares dentro do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas.
En concreto, os adolescentes pontevedreses recoñecen que se inician no consumo de alcol cunha media de 14,3 anos, lixeiramente superior ao do tabaco, que se fixa en 14,2 anos. Algo máis, aínda que non moito, esperan para probar o cannabis: 14,8 anos.
Son datos de consumo máis tardíos que no conxunto de todo o país, aínda que moi similares aos que se rexistran no resto de grandes cidades galegas.
Este é un dos aspectos nos que traballan os técnicos municipais dentro deste plan de prevención, dirixido especialmente aos propios adolescentes.
A enquisa, que serve de base para o deseño de actividades, programas ou cursos para concienciar aos mozos nos perigos do consumo de alcol, tabaco e drogas, arroxa ademais outros datos sobre os hábitos da mocidade pontevedresa.
Así, o 68,4% dos adolescentes recoñecen probar o alcol e un 49% facelo de maneira recente. Ao tabaco, pola súa banda, achegáronse o 32,8% dos escolares e co cannabis, a droga máis frecuente entre os mozos, tentearon o 25,5% dos enquisados.
Son, en todo caso, datos que melloran ata en 10 puntos -no caso do alcol- as estatísticas globais de toda España, o que demostra que os adolescentes da Boa Vila comezan a consumir este tipo de substancias a idades superiores que no resto do Estado.
Relacionadas:
-
750 pacientes son atendidos cada ano na Unidade de Tabaquismo do Complexo Hospitalario
Por Redacción |
-
Detectan que os adolescentes só identifican claramente o maltrato coa violencia física
Por Alejandro Espiño |
-
Sete de cada dez adolescentes navegan pola Internet sen control algún
Por Alejandro Espiño |
-
Oitenta carteis feitos por rapaces alertan dos perigos das condutas aditivas
Por Redacción |
-
O 7,3% dos adolescentes pontevedreses apostan en xogos online
Por Natalia Puga |