O Concello de Cerdedo-Cotobade iniciará obras na parroquia de Aguasantas
O Concello de Cerdedo-Cotobade iniciará obras nas beirarrúas situadas no lateral anexo á alameda de Aguasantas como medida para impulsar o seu proxecto de humanización da parroquia.
A actuación está financiada na súa totalidade pola Consellería de Infraestruturas, e conta cun orzamento de 15.000 euros. Jorge Cubela, presidente municipal, solicitou estas medidas fai catro semanas á titular autonómica Ethel Vázquez na súa visita ao municipio con motivo do inicio dos traballos de mellora do tramo da PO-234 entre a parroquia e Ponte Caldelas.
As beirarrúas renovaranse cambiando actuais plaquetas hidráulicas situadas na marxe anexa ao muro da alameda, moitas delas deterioradas. Estímase que as tarefas finalizarán nun prazo dun mes, e comezarán a desenvolverse en marzo.
Foron os veciños os que trasladaron a petición ao Concello, que poñerá en marcha o proxecto como medida para favorecer o tránsito dos peóns, ademais de achegarlle máis valor estético á zona. En total foron un millón de euros investidos na contorna de Aguasantas e Valongo
Relacionadas:
-
A primeira fase da mellora da PO-234 quedará rematada neste verán
Por Redacción |
-
Máis de 200.000 euros investidos para a mellora viaria y de servizos en Fentáns
Por Noelia Torres Pintos |
-
Cerdedo-Cotobade estrea páxina web
Por Alejandra Iannone |
-
O PSOE califica de "electoralismo rancio" a reunión de Cubela co presidente da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Amigos de Galicia e Cerdedo-Cotobade seguirán axudando a familias con necesidades
Por Redacción |