Sanxenxo adquire un novo tractor rozadora
Por Redacción
Este venres 16 o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín acudiu ao acto de entrega ao Concello de Sanxenxo do tractor valorado en 107.690 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
As concellerías de medio ambiente e servizos están a renovar e mellorando a maquinaria para a realización de tarefas de mantemento en parques, xardíns e praias.
Así, decidiuse comprar este tractor provisto de rozadora de brazo lateral e cabina forestal homologada.
Esta maquinaria permitirá tarefas de roza en pistas e camiños municipais, transporte, traballo en praias e demais traballos realizados por ambas as concellerías.