Eliminadas en Sanxenxo as fochancas de máis de medio centenar de pistas
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo puxo en marcha un novo plan de arranxo de fochancas co obxectivo de corrixir danos en diversos viarios municipais.
En total, foron arranxados máis de medio centenar de viarios de todo o concello e os traballos continuarán esta semana.
O pavimento dos viarios é como calquera obra que está ao aire libre, ten un desgaste natural e ten causantes que o aceleran. Entre os principais motivos están a auga e o tránsito, por iso é necesario realizar neles estas tarefas de mantemento.
LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO DE PISTAS
Ademais, realizouse unha limpeza e acondicionamento de dous camiños, un en Aldariz, Padriñán, e outro en O Castro, Vilalonga.
Esta actuación levouse a cabo para dar servizo á veciñanza das zonas, de forma que poidan acceder ás súas vivendas e leiras dunha forma segura e cómoda.
A maleza e o mal estado das pistas impedía o paso dos usuarios e por iso rozouse os laterais e acondicionouse o firme.