Evacuadas tres persoas, unha delas en helicóptero, tras un accidente en Caldas
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas tras sufrir un accidente de tráfico en Caldas de Reis. Unha das vítimas tivo mesmo que ser trasladada en helicóptero ao hospital. As outras dúas, con feridas máis leves, foron evacuadas en ambulancia.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 17.45 horas na estrada que une Caldas e A Estrada, no cruzamento que vai cara Moraña.
Foi un choque entre un turismo e unha furgoneta o que protagonizou o accidente. Inicialmente, os servizos de emerxencias tiñan aviso de que había unha muller atrapada no interior dun dos vehículos sinistrados.
Ao lugar trasladáronse ambulancias do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico, efectivos do GES de Valga e voluntarios da agrupación de Protección Civil de Caldas.
Ademais, tamén acudiron os bombeiros do Salnés que, finalmente, non tiveron que empregar o material de excarceración para sacar á muller do coche, xa que cando chegaron xa se atopaba fóra do vehículo accidentado.
Relacionadas:
-
Protección Civil de Caldas estrea páxina web
Por Redacción |
-
Ferido un menor tras ser atropelado diante do colexio Alfonso VII de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Un accidente entre catro turismos á saída da AP-9 en Caldas remata sen feridos
Por Redacción |
-
Un morto e tres feridos ao chocar un condutor bébedo e drogado cunha árbore en Caldas
Por Natalia Puga |