Charla de Amizade no instituto Sánchez Cantón
Por Redacción
O alumnado do Ciclo de Grado Superior en Animación de Actividades Físicas y Deportivas (TAFAD), que se imparte no instituto Sánchez Cantón, participou este mércores nunha charla da Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra (Amizade).
A charla foi desenvolta por tres membros desta asociación que procuraron sensibilizar ao estudantado respecto ás situacións de exclusión que viven as persoas con discapacidade, como poden ser a falta de accesibilidade, axudas técnicas caras, uso de plazas de aparcadoiro reservadas, entre outras.
Además deron a coñecer as súas experiencias persoais no eido deportivo. Neste sentido, eles practicaron ou practican: vela adaptada, ciclismo con handbike, taekwondo adaptado, baloncesto ou ximnasio.