A Garda Civil investiga un veciño de Sanxenxo que conducía un vehículo sen puntos no carné
Por Oskar Viéitez
O pasado martes unha patrulla de seguridade cidadá do posto da Garda Civil de Sanxenxo, interceptou a un veciño de Sanxenxo, conducindo un vehículo na estrada EP-0017, á altura da parroquia de Bordons (Sanxenxo), sen permiso de conducir.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, este veciño tiña retirado o permiso pola perda total de puntos e foi investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria.
O ano pasado 2017 a Garda Civil investigou na provincia de Pontevedra a un total de 502 persoas despois de ser interceptadas cando conducían un vehículo a motor carecendo da preceptiva autorización administrativa.
O 62% destes investigados (314), foron por conducir co permiso de condución retirado pola perda de vixencia. 99 o foron porque non o obtiñan nunca e os 89 restantes porque o tiñan retirado por resolución xudicial.
O 26% das investigacións (132) foron realizadas polas patrullas de seguridade cidadá dos postos e resto de unidades da comandancia, na súa faceta preventiva e de colaboración coa seguridade viaria na rede de estradas da provincia.
Sobre estes delitos, a Garda Civil advirte de que este tipo de condutas poñen en risco tanto ao propio condutor como aos demais usuarios da vía, e están penadas con prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.