Tráfico intercepta en Campañó un menor conducindo sen permiso
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil investiga un mozo de 16 anos de idade como presunto autor dun suposto delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo a motor sen obter nunca o permiso de condución. O menor ía acompañado da súa tía, que tamén carecía da preceptiva autorización administrativa para conducir vehículos a motor.
Os feitos sucederon á primeira hora da mañá do pasado martes na parroquia de Campañó, no municipio de Pontevedra, cando os efectivos do Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Subsector da Garda Civil de Pontevedra interceptaron un turismo ao sospeitar que o condutor era menor de idade.
O vehículo resultou ser propiedade da persoa que o acompañaba, que era a súa tía, ademais de titora legal, que tamén carecía do preceptivo permiso de conducir porque, en ambos os casos, nunca o obtiñan.
As dilixencias instruídas, tanto ao menor como á súa tía, por senllos delitos contra a seguridade viaria, foron entregadas no xulgado de instrución de garda de Pontevedra e puxéronse en coñecemento do fiscal de nenores da Audiencia Provincial de Pontevedra.