Ningún neno sen agasallo en Ponte Caldelas
Por Redacción
Que todas as nenas e nenos do Concello de Ponte Caldelas entre 1 e 18 anos tivera o seu regalo era o obxectivo marcado pola administración local.
Por ese motivo o Concello quixo colaborar cos Reis Magos investindo 3.000 euros da partida de emerxencia social.
Os nenos e nenas foron seleccionados polos servizos sociais por pertencer a familias en risco de exclusión.
Entre os obsequios deuse preferencia ás solicitudes das propias familias, polo que ademais de xoguetes había entre as peticións roupa, calzado ou material escolar.
Os agasallos foron entregados a última hora do venres nun acto celebrado no Concello preservando a intimidade das familias.