Un valado para lembrar a importancia da recollida de tapóns para axudar á saúde de menores galegos
Por Redacción
A Fundación Amigos de Galicia atende unha media de catro menores galegos ao ano. Trátase de nenos que necesitan terapias e que as reciben grazas ás campañas de recollida de tapóns. Neste propósito traballa Enrique Magdalena, impulsor da iniciativa Taponeta Solidaria. Este xornalista de profesión é o impulsor do valado que este venres presentábase no Centro Comercial A Barca e que permanecerá dous meses neste punto cos teléfonos de contacto da Fundación Amigos de Galicia, de Taponeta Solidaria e outros colaboradores con esta iniciativa.
O valado, segundo explicaba Magdalena, ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre a importancia de gardar tapóns e entregalos para que os nenos poidan ser tratados de enfermidades que teñen un alto custo e as terapias non son cubertas pola Seguridade Social.
Jesús Busto Peteiro, director xeral da Fundación Amigos de Galicia, afirmaba que agora mesmo contan con máis de 100 puntos de recollida de tapóns en toda Galicia. Este colectivo almacénaos ata alcanzar grandes cantidades para despois trasladalos a unha empresa de reciclaxes na Cañiza, onde compran estes tapóns a 20 céntimos o quilo. O diñeiro recadado envíase directamente ás clínicas onde os menores reciben os tratamentos. Nunca se entregan aos pais e realízase un seguimento exhaustivo do tratamento que reciben os nenos.
Recentemente finalizou a campaña de recollida de tapóns para Alistair, un neno de Taboadela con parálise cerebral. Para pagar os seus tratamentos durante seis meses son necesarios 11 millóns de tapóns. A cantidade logrouse en menos de dous meses. A principios de 2018 comeza outra campaña para axudar a un neno de Sada.
A Fundación atópase a disposición da cidadanía por se queren alertar de casos de menores que precisen tratamentos que a Seguridade Social non cobre e os seus pais non poden custear. Para poñerse en contacto con Amigos de Galicia é necesario chamar ao 610 475 357.
Relacionadas:
-
'Imposible de Borrar', un disco 100% solidario para levar gafas a todos os nenos
Por Redacción |
-
Cita solidaria no Festisol de Barro para axudar a Edgar, un neno que precisa audífonos
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Sumando solidariedade tamén en Nadal
Por Marisa Ciordia |
-
Un maleteiro cheo de tapóns dos escolares das Doroteas axudará na recuperación de Nahir
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Nahir comeza unha nova campaña para acadar 20 millóns de tapóns que lle permitan continuar co tratamento
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |