Óscar Graña será distinguido polo Consello Superior de Deportes polos seus "valores humanos"
Por Redacción
O padeeiro Óscar Graña recibirá o próximo día 27 de xaneiro en Madrid a medalla que lle concedeu o Consello Superior de Deportes polos seus "valores humanos". Óscar Graña salvou a dúas persoas de falecer afogadas no río Lérez mentres se adestraba.
O canoísta é o compañeiro de Ramón Ferro en C-2, tamén de maratón. Foron subcampións do mundo. O Consello Superior de Deportes considera que coas súas decididas intervencións logrou evitar que falecesen dúas persoas.
Óscar Graña conseguiu numerosas medallas nos europeos e mundiais e adéstrase de maneira habitual en Pontevedra.
A entrega das distincións realizarase dentro da Gala Nacional da Federación Española de Piragüismo.