Puntual a súa cita na Praza do Teucro chega a feira de artesanía e agasallo
Por Redacción
Un ano mais chega Pontenadal a "feira de artesanía e agasallo", co fin de achegar aos pontevedreses os agasallos mais orixinais. Este ano, cunha imaxen renovada "As nadaladas do Teucro", abrirá as súas portas o público o vindeiro mercores 20 de decembro, e permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro todos os días en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas, agás o día de Nadal e o de Ano Novo que estara pechada todo o dia.
Nesta edición conta con 31 stands, nos cales podese atopar coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, produtos apícolas, complementos, xoguetes de madeira, artesania en olivo, e un sen fin de agasallos para este Nadal. Tamén participan varias ONG: Asociación Alba e Amencer, así como Solidariedade Internacional
A participación é similar á de edicións anteriores, quedando expositores na lista de reserva, outra proba do éxito desta feira xa que se non xerase ingresos non espertaría interese no sector.
Nesta XVII edición case todos os expositores son da provincia (Pontevedra, Poio, Vigo, Cangas, Bueu, Marín, O Grove, Ponte Caldelas, A Coruña e Lugo).
Debido o éxito da pasada edicion, este ano volverán a levar a cabo na mesma feira obradoiros e demostracións. Serán:
- Mércores 20: Obradoiro- Concurso "¿Que ten de especial o Nadal en Pontevedra?" De 17:00 a 20:00 horas.
- Xoves 21: Obradoiro de Cera. 18:00 a 19:30 horas.
- Venres 22: Obradoiro de encadernación. De 11.30 a 13 horas. Obradoiro- Concurso "¿Que ten de especial o Nadal en Pontevedra?" De 17:00 a 20:00 horas.
- Sábado 23 e Domingo 24: Visita Papá Noel.
- Martes 26: Obradoiro de velas decoradas e postais de nadal. 17:30 a 19:30 horas.
- Mércores 27: Obradoiro chapas de nadal e degustación de fondue de chocolate con doces. De 17:30 a 19:30 horas.
- Xoves 28: Obradoiro de abalorios, de 11.30 a 13 horas. Obradoiro de Cera. 18:00 a 19:30 horas.
- Venres 29: Obradoiro de decoración de debuxos con neve artificial; monecos de neve con chuches. De 17:00 a 19:30 horas. A partir das 20:00 hoas cata e degustación de Cervexa Meiga
- Martes 2: Conta contos sobre a noite dos Reis Magos e Obradoiro de marionetas dos Reis Magos. De 17:30 a 19:30 horas.
- Mércores 3: Maquillaxe de Nadal para nenos e elaboración de cartas aos Reis Magos. De 17:30 a 19:00 horas. A partir das 20:00 horas, Degustación e cata de cervexa Meiga.
- Xoves 4: Obradoiro de cerámica. De 11.30 a 13 horas. Obradoiro "Hoxe mercamos nós", de 17:00 a 19:00 horas.
Relacionadas:
-
As Nadaladas enchen de creatividade artesá a praza do Teucro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un Nadal para gozar de Pontexogos
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Aempe agasalla os clientes do comercio local
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra prepárase para 'nadalear'
Por Diego Espiño |