Pontevedra prepárase para 'nadalear'
Por Diego Espiño
Achéganse as vacacións do Nadal e o Concello de Pontevedra preparou unha variada oferta de actividades para todos os públicos.
"Non teremos luces como as de Caballero pero temos actividades", defendeu a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, na presentación da programación do Nadal.
A campaña, que se titulou 'Nadalea en Pontevedra', conta con citas e eventos xa tradicionais como o Pontexogos na Praza de España, que se inaugurará o 15 de decembro, ou o Nadalocio coa pista de xeo no Recinto Feiral, e que abrirá o 22 de decembro para permanecer activa ata o día 7 de xaneiro.
Ademais á habitual feira de artesanía organizada por Zona Monumental daráselle "unha volta ao concepto do mercadillo para adaptalo aos novos tempos", explicou Gulías. Neste caso as 'Nadaladas da Praza do Teucro' abrirán as súas portas o día 16 de decembro.
Xunto á edil de Promoción Económica compareceu tamén a de Cultura, Carmen Fouces, para relatar o elenco de actividades previstas no Teatro Principal e o Pazo da Cultura, coas citas xa previstas de programas como Ponteatro e outras xa clásicas como o concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Pontevedra o 1 de xaneiro, nesta ocasión co acompañamento do Coro Gli Apassionati e Ballet Norte, recitais da Banda de Música, o Seminario Permanente de Jazz ou as galas benéficas de colectivos como Down Xuntos e Amencer Aspace, sen esquecer a gran Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro.
Por último a programación de nadal inclúe varias citas deportivas, entre as que se atopa o Memorial Ramón Escudeiro Tilve de xadrez, a carreira popular San Silvestre do día 31 de decembro ou o Torneo Internacional Domingo Bárcenas que se xogará entre Vigo e Pontevedra do 5 ao 7 de xaneiro coa presenza da Selección Española de balonmán.
Consulta aquí e descarga a programación completa de 'Nadalea en Pontevedra'.
Relacionadas:
-
Ponteatro prolóngase ata primavera achegando ao Principal 'Nacidas libres' e 'Casa O'Rei'
Por Gabriela Varela Asorey |
-
VIDEO.- O concerto de Aninovo, unha extraordinaria benvida musical a 2018
Por Redacción & Diego Torrado |
-
As Nadaladas enchen de creatividade artesá a praza do Teucro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os Chichisos volverán entoar o Canto de Reis este Nadal
Por Redacción |
-
Puntual a súa cita na Praza do Teucro chega a feira de artesanía e agasallo
Por Redacción |
-
Un Nadal para gozar de Pontexogos
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A iluminación do Nadal "non cumpre as expectativas" e provoca unha queixa oficial do Concello
Por Diego Espiño |
-
E con decembro, acendeuse o Nadal
Por Mónica Patxot |