O Concello culpa á Xunta dos colapsos no Padrón por non avisar do cambio na matrícula escolar
Por Redacción
O Concello de Pontevedra criticou este xoves a "decisión unilateral" da Xunta de Galicia de solicitar un certificado de empadroamento para a matrícula dos escolares para o vindeiro curso.
O concelleiro de Réxime Interior, Vicente García Legísima, entrou na polémica xurdida pola expedición de certificados de empadronamento aclarando que a única diferencia entre o volante de empadroamento que se pedía ata o momento e o certificado de empadroamento que se solicita agora é a sinatura.
Segundo a Concellaría, as persoas con ánimo de falsificar calquera dato nos documentos, poden facerlo independementemente de que sexa volante ou certificado. Hai que lembrar que os datos aparecen encriptados no código de barras, polo que a picaresca á que se refire a Xunta sería inxustificada ao dispor do citado código de barras.
Por outro lado, sobre o cobramento da taxa de certificados de empadronamento, matiza que o Concello de Pontevedra con carácter xeral e nos últimos anos envía aos docimilios dos nenos que van ser escolarizados nese ano un volante de empadronamento (gratuíto) válido para a matrícula, de tal xeito que os pais ou titores só se dirixían ao Concello no caso de haber algún erro ou solicitar documentación complementaria.
Tal é así, que este ano o Departamento do Padrón enviou arredor de 1.000 cartas a outros tantos domicilios co citado volante de empadronamento antes de que Educación solicitara unilateralmente e de forma sopresiva para este Concello, o certificado. Critica que se informou aos concellos ao tempo que aos pais de que se vai requerir ese documento oficial, e en plena campaña de matrícula.
Enganden que esta situación está a provocar importantes trastornos nos servizos de Padrón e Rexistro do Concello de Pontevedra, especialmente no primeiro, dado que ao traballo diario estase a sumar esta singularidade dos certificados escolares, e o persoal está acudindo ao traballo polas tardes para poder atender as peticións dado que hai que cotexar toda a documentación que se lle solicita ás familias para expedir o Certificado de empadronamento.
Dende a Concellaría, lémbrase que a Xunta coas súas decisións unilaterais non pode colapsar o bo funcionamento dos servizos municipais, unha situación que sería perfectamente evitable se decisións deste tipo se tomaran e informaran en tempo.
Relacionadas:
-
Piden ao Concello que devolva as taxas que cobrou polo certificado de empadroamento para a matrícula escolar
Por Natalia Puga |
-
A Xunta invita a Lores a que exima os escolares do pago polo certificado de empadronamento
Por Natalia Puga |
-
A matrícula escolar supón este ano o pagamento dunha taxa e facer cola
Por Oskar Viéitez |