A asociación contra o cancro abre o seu rastrillo solidario
Por Mónica Patxot
A Asociación Española Contra o Cancro abriu este luns as portas do seu rastrillo solidario de Pontevedra, situado no número 22 da rúa Oliva.
Unha trintena de voluntarios atenderán esta tenda solidaria ata o próximo 15 de xaneiro en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas.
De luns a sábado poñeranse á venda todo tipo de artigos, desde xoguetes a libros, pasando por roupa e material deportivo e obxectos de decoración ou complementos. O fin é recadar fondos para que a asociación poida continuar cos seus programas, proxectos e servizos que se ofrecen de balde ás persoas con cancro e as súas familias.
O rastrillo da AECC cumpre 24 anos na Boa Vila.
Relacionadas:
-
O "rastrillo" do Nadal da asociación contra o cancro recadou 20.086 euros
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Sumando solidariedade tamén en Nadal
Por Marisa Ciordia |
-
Os árbitros pontevedreses, vestidos de rosa por unha boa causa
Por Redacción |
-
Ence e a AECC únense no Programa de Préstamo de Material Ortopédico
Por Noticia patrocinada |
-
O 65% dos enfermos de cancro piden servizos de estética para mellorar a súa día a día
Por Redacción |