O "rastrillo" do Nadal da asociación contra o cancro recadou 20.086 euros
Por Redacción
O "rastrillo" do Nadal da asociación española contra o cancro (Aecc) recadou un total de 20.086 euros que irán destinados á continuidade dos diversos programas, proxectos, actividades e servizos que teñen en marcha para a axuda integral das persoas enfermas de cancro e as súas familias.
Segundo precisou a Aecc, estes apoios que van desde a intervención psicosocial, ao coidado paliativo do enfermo oncolóxico, pasando polo apoio que presta o voluntariado da asociación tanto no hospital como no domicilio das persoas enfermas.
Desde a asociación agradecen o gran esforzo das persoas que voluntariamente participaron neste "rastrillo" que se vén desenvolvendo desde hai vinte anos en Pontevedra.
Igualmente agradecen a colaboradores e doantes que fan posible que esta actividade solidaria se consolide coma un referente no Nadal de todos os pontevedreses.
Relacionadas:
-
Abre o Mercado Solidario da AECC nunha nova ubicación
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Dous meses por diante para axudar á AECC co seu 'rastrillo' solidario
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Sumando solidariedade tamén en Nadal
Por Marisa Ciordia |
-
A asociación contra o cancro abre o seu rastrillo solidario
Por Mónica Patxot |