Catro persoas feridas en Vilaboa tras impactar un turismo contra un microbús
Por Redacción
Catro persoas resultaron feridas ao colisionar ás 9:37 desta mañá en Figueirido (Vilaboa) un turismo contra un microbús no Nacional 550 á altura de MerKmueble. Tras o impacto, o condutor do turismo, un BMW, tiña problemas para saír do vehículo debido a que quedara bloqueada a porta. Dende o servizo de emerxencias 112 requiriuse a presenza dos bombeiros do Morrazo e tamén se achegaron ata a zona os bombeiros de Pontevedra. Non obstante non chegaron a intervir porque os membros de Protección civil de Vilaboa lograron forzar a porta do automóbil e o condutor puido saír, consciente pero con feridas de diversa consideración.
No microbus da empresa Monbús, tres pasaxeiros queixábanse de golpes derivados do forte impacto. Todos os feridos foron trasladados ao Hospital de Montecelo.
Segundo membros de Protección civil, o accidente produciuse debido ao efecto aquaplaning que provocou que o condutor do BMW perdese o control e, despois de realizar unha buxaina invadindo o carril contrario, golpeou ao microbús.