A Garda Civil busca un camión que estivo involucrado no accidente do microbús en Vilaboa
Por Redacción
A Garda Civil de Tráfico intenta localizar o condutor dun camión que se viu involucrado na colisión entre un turismo e un microbús na Nacional 550 á altura de Figueirido (Vilaboa) durante as últimas horas. O impacto entre o turismo, un BMW de dúas prazas, e o autocar produciuse, segundo fontes de Protección civil de Vilaboa, por unha perda de control do coche, que colisionar frontolateralmente contra o microbús. Pero nese mesmo momento, o autocar de transporten no que viaxaban 5 persoas era alcanzado por detrás por un camión que fuxiu tras o impacto.
O accidente finalizou con catro feridos leves, tres deles encontrábanse no microbús da empresa Monbus que realizaba o transporte de liña regular entre as localidades de Soutomaior e Pontevedra. O outro ferido foi o condutor do BMW Z3 que tivo que ser axudado para saír do vehículo.
Descoñécese se o condutor do camión sufriu algún dano tras a colisión e os axentes da Garda Civil iniciaron unha investigación para intentar localizalo.