A nova web da Deputación incorporará en maio a Sede Electrónica
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou este mércores www.depo.es, o novo portal web de la institución para cidadáns, concellos e empresas da provincia.
Trátase dun portal feito por e para os cidadáns, no que se puxo un especial énfase en facilitarlle ó usuario a navegación, organizando a información en seccións segundo o seu perfil e conseguindo así que poida obter a información que necesita de forma doada e intuitiva.
Conta cun acceso rápido á Oficina Virtual Tributaria do ORAL, ó Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, á descarga de formularios e instancias oficiais da Deputación e ó perfil do contratante.
En breve incorporará a Sede Electrónica, que será unha prolongación da oficina administrativa tradicional.
Será un punto de acceso único para que os cidadáns poidan realizar as súas xestións habituais como o rexistro, que tamén se poderá facer telemáticamente ou consultar o estado dos seus expedientes. Todas estas ferramentas farán posible que todos os cidadáns da provincia de Pontevedra se poidan beneficiar dunha administración á altura das máis avanzadas do Estado.