Os informáticos premian á Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra resultou gañadora do premio "Iniciativa das Administracións" que concede o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. O galardón foi recollido polo vicepresidente provincial, Xosé Crespo, no curso da V Noite da Enxeñería Informática que, presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, tivo lugar este viernes no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela.
A asociación de profesionais da Informática, que preside Fernando Suárez, xustificou o premio concedido á Deputación de Pontevedra por ser ésta "unha institución claramente comprometida co uso das novas tecnoloxías para garantirlle aos cidadáns, concellos e empresas, a maior calidade nos servizos de xestión e atención".
ARGUMENTOS DO XURADO
A acta do xurado indica que a institución provincial pontevedresa "comenzou en 2008 un proceso de modernización cunha clara aposta pola Administración Electrónica e con iniciativas de impulso á Sociedade da Información". Entre esas iniciativas, o xurado destaca o proxecto Repoblar; o de eDepo, a Administración nun click; o proxecto DepoTic que inclúe o Centro de Asesoramento Municipal 2.0, o Centro comercial virtual e as oficiñas de tramitación e accesibilidade electrónica; os proxectos DepoGap e Viñas Atlánticas; a Oficiña Virtual Tributaria; o Idepo; e o proxecto de turismo Smart Pontevedra Destino Turístico Intelixente.
Na recollida do galardón, Crespo destacou que "estas innovacións tecnolóxicas e de implantación de Novas Tecnoloxías que leva a cabo a Deputación de Pontevedra derivan de catro firmes principios e conviccións: cumplir o noso mandato constitucional de cooperación e asistencia aos concellos, democratizar e facer transparente a xestión da Administración Pública, contribuir a dinamizar o uso das Novas Tecnoloxías na provincia como xeito de incrementar a competitividade e a mellor calidade de vida dos nosos concidadáns, e achegar a Administración ao administrado".
Na Gala da Noite da Enxeñería Informática, foron premiados tamén Alberto Jaspe, polo seu proxecto de fin de carreira; Roberto Baratta, responsable de Seguridade Tecnolóxica de Novagalicia Banco, pola súa traxectoria profesional; a empresa SetPay, pola iniciativa empresarial dunha solución baseada nos cobros con tarxeta desde o dispositivo móvil; o proyecto Rede de Escolas na Nube, no capítulo de Iniciativa Emprendedora; a investigadora Susana Ladra; e a Asociación PuntoGal pola consecución do dominio .gal.
Relacionadas:
-
A Deputación pide cartos a Europa para ampliar a rede de estacións meteorolóxicas
Por Oskar Viéitez |
-
A nova web da Deputación incorporará en maio a Sede Electrónica
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán tamén recolle premios
Por Oskar Viéitez |
-
O gran irmán do albariño será de libre acceso
Por Oskar Viéitez |