CIG convoca unha concentración contra as reformas do Goberno como quecemento do 1 de maio
Por Diego Espiño
O sindicato CIG volverá protagonizar unha protesta pública contra os recortes e reformas do Goberno. Farao en próximo xoves, día 11 ás 20:00 da tarde cunha concentración da Praza da Peregrina de Pontevedra.
Nesta ocasión, a organización sindical centra os seus reproches no decreto para a contratación de mozos, o proxecto de autorizar ás mutuas a dar altas en casos de baixa laboral e a reforma da pensións anticipadas, voluntarias ou forzosas, como explica o secretario comarcal de CIG Rafael Iglesias, "preocúpanos moito a situación dos maiores de 55 anos, vémolos desamparados, como quedes no paro estás indefenso e sen chegar á xubilación".
No caso dos novos contratos para menores de 30 anos, dende o sindicato Marcos Conde critica duramente un cambio lexislativo que permite aboar aos empregados salarios inferiores a 500 euros, "é precariedade pura e dura, trátase de sustituir traballo estable por contratos precarios".
A concentración, segundo Rafael Iglesias, afróntase como un pequeno adianto do próximo 1 de maio, Día Internacional do Traballo, "trátase tamén de quentar motores para o 1 de maio e que a xente sexa consciente do que nos ven enriba, xa o di o noso lema -Máis reformas do PP para crear máis pobreza-".