Deteñen un veciño de Vilaboa por tenencia e distribución de pornografía infantil e corrupción de menores
Por Redacción
A Garda Civil detivo un veciño de Vilaboa, un home de 42 anos que responde as iniciais de J.A.G., por tenencia e distribución de pornografía infantil e tamén por corrupción de menores.
Segundo informa o instituto armado, incautaron no seu domicilio unha importante cantidade de arquivos con imaxes de menores practicando sexo explícito.
Por mor das investigacións que viña realizando o Equipo de Delitos Tecnolóxicos (EDITE) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra, no marco da operación 'TYGRA', os axentes puideron saber que esta persoa estaba a distribuír imaxes de pornografía infantil a través do seu teléfono móbil, por medio dunha aplicación de mensaxería instantánea.
Os resultados previos da investigación desembocaron, previa autorización do Xulgado de Instrución 3 de Cangas, un rexistro no domicilio desta persoa, en Santa Cristina de Cobres, onde se incautaron varios dispositivos electrónicos e unha inxente cantidade de arquivos con imaxes de menores, de entre 3 a 12 anos de idade, practicando sexo con adultos.
Non se descarta que se produzan novas detencións, tendo en conta que a operación continúa aberta pendente do resultado que arroxe a análise do material que se aloxa nos dispositivos electrónicos intervidos, determinando os contidos exactos que a persoa detida puidese estar a distribuír polas redes sociais.
A persoa detida foi posta a disposición xudicial, decretando o xuíz responsable do caso a súa liberdade provisional con cargos.
Relacionadas:
-
Un detido en Bueu no marco dunha operación da Garda Civil contra unha rede internacional de pornografía infantil
Por Oskar Viéitez & Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Un pontevedrés, detido por distribuir pornografía infantil a través das redes sociais
Por Redacción |
-
Dous detidos en Pontevedra por compartir pornografía infantil a través de salas de chat
Por Redacción |